Skip to main content
Pantón

O Concello de Pantón oferta un curso de cociña para os máis pequenos

Por 5 Outubro, 2023Sin comentarios

A programación do Outono Cultural continúa ampliando a súa oferta no Concello de Pantón. A nova proposta, Minichef Pantón, está dirixida aos máis cativos da casa e terá lugar no centro sociocultural.

A iniciativa levarase a cabo todos os xoves pola tarde dende o vindeiro 19 de outubro ata maio de 16.00 a 17.30. O curso, enfocado para nenos e nenas a partir de 6 anos, ten un prezo duns 20 euros. Os interesados xa poden inscribirse ou solicitar máis información a través do teléfono 671 116 190.

Esta proposta súmase ao programa Pantón en Forma, a través do que ofrecen ximnasia de mantemento, pilates, ioga e aerobic-cardio.