Skip to main content
Pantón

A asociación veciñal de Tuiriz celebra o seu Samaín cunha proposta de teatro

Por 23 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A asociación veciñal de Tuiriz continúa programando actividades para este outono. O vindeiro xoves 26 de outubro o grupo organiza unha excursión á Mariña. Os asistentes visitarán os concellos de Burela e Foz.

Por outra banda, os veciños tamén poderán gozar do seu propio Samaín. A asociación celebra o a festividade máis terrorífica do ano o vindeiro 1 de novembro.

A cita conta cunha variada programación que inclúe unha exposición de traballos terrorífica, pinchos e unha proposta teatral. Os que se acheguen poderán gozar da obra A cegueira de Cupido.