Skip to main content
Pantón

A exposición fotográfica ‘Baleirada’ da Asociación O Potiños está na Casa da Cultura de Pantón

A Casa da Cultura de Pantón acolle desde hoxe, 24 de outubro, ata o vindeiro 16 de novembro a exposición fotográfica ‘Baleirada’ da Asociación Cultural O Potiños.

A exposición representa a pobreza, a emigración e o abandono, en xeral. Así, a través de fotografías da mocidade que foxe, a xente maior que morre e as aldeas se quedan sen xente, quere expresarse o silencio, as lembranzas e os buratos que deixan as persoas que se marchan.

Así, os promotores da exposición di que a exposición se chama ‘Baleirada’, pero non baleira, porque o abandono é obrigado, non por gusto, senón por forza “porque todos os camiños estaban pechados, menos o da morte. E despois da morte veu o ninguén. E despois a noite, o silencio e as sombras”.