Skip to main content
Pantón

Segredos de Pantón organiza a actividade ‘Na procura de cogumelos’

Por 28 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A asociación cultural Segredos de Pantón organiza unha actividade en plena estación de outono de recollida de cogumelos, baixo o nome ‘Na procura de cogumelos’ o vindeiro 28 de outubro ás 10.00 horas.

Así, nesta actividade farase un percorrido entre as carballeiras e devesas para intentar atopar diferentes clases de cogumelos para coñecelos, saber identificalos e adoptar bos hábitos nesta actividade.

A persoa encargada de levar a cabo esta iniciativa é Urbano, veciño de Guítara, quen levará ás persoas interesadas por este percorrido, no que se necesitará navalla e cesta para a recolección de setas.