Skip to main content
Pantón

Xa hai data para o quinto aniversario do festival Trece Roeis de Pantón

Os organizadores do festival Trece Roeis anuncian as datas nas que se celebrará a súa quinta edición o vindeiro ano, 2024, en Pantón, que serán o 30 e 31 de agosto.

Ademais, anuncian que o vindeiro 3 de novembro se porán á venda as primeiras entradas para os fieis asistentes que confían na organización do evento e que van asistir si ou si, veña quen veña.

O festival naceu en 2019 como proposta cultural no concello de Pantón tras a cancelación do veterano Festival do Castro, converténdose nun novo acontecemento de referencia na Ribeira Sacra.