Skip to main content
Quiroga

Un novo taller de manualidades comezará en Quiroga o vindeiro luns

Por 4 Outubro, 2023Outubro 5th, 2023Sin comentarios

O Centro Social de Quiroga acollerá un taller de manualidades aberto a todos os que queiran participar a partir do vindeiro luns como unha das actividades ofertadas neste trimestre.

Craquelado, decoupage ou estuco en diferentes soportes son algunhas das técnicas que se empregan neste obradoiro que neste novo curso introduce tamén a restauración de mobles.  A actividade comeza o día 9 de outubro e desenvolverase todos os luns laborables en horario de 17.00 a 18.00 horas, rematando a finais do mes de xuño.

A concelleira de Educación, Infancia e Igualdade, Maite Pérez Grao, monitora do curso ten en mente facer unha exposición con todas as pezas realizadas durante os dous anos que se leva impartindo un taller que “socialmente axuda moitísimo aos participantes”. Para anotarse ou coñecer máis detalles desta actividade poden pasar a informarse polo bar do Centro Social.