Skip to main content
Quiroga

O Museo Xeolóxico de Quiroga será adaptado para acoller a colección de minerais doada de Juan Carlos Gutiérrez

Por 9 Outubro, 2023Outubro 10th, 2023Sin comentarios

O paleontólogo Juan Carlos Gutiérrez Marco, membro do Comité Científico do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel, donou unha colección de máis de 100 mostras de minerais procedentes de todo o mundo e de varios fósiles ao Museo Xeolóxico de Quiroga.

Entre as pezas, todas de diferentes cores e formas recollidas ao longo da súa vida, atópanse piritas, granates, mica, cuarzo, diamantes, aragonito ou xeso, procedentes de diferentes partes do planeta (Perú, Australia, China, …).

O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, recolleu a doazón en nome do Xeoparque Montañas do Courel e amosou a súa satisfacción por que veciños e visitantes podan gozar “destas marabillas que agocha a natureza e que normalmente permanecen ocultas”. Así, dixo que o Museo de Quiroga adaptará o seu espazo para poder amosalas aos seus visitantes en canto sexa posibles.

Durante o pasado ano, o Museo Xeolóxico de Quiroga puxo en marcha unha XeoBiblioteca, composta sobre todo por libros e coleccións de revistas que Gutiérrez Marco foi proporcionando ao longo destes anos de colaboración e apoio ao Xeoparque, procedente de compañeiros e amigos que llas foron cedendo. Esta iniciativa, que tivo certa repercusión, xa despertou o interese de varios profesores galegos que cederon tamén algunhas publicacións para esta biblioteca.