Skip to main content
Quiroga

A iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’ chega a Quiroga

Desde este mércores, 11 de outubro, e ata o 19 de outubro está en marcha a iniciativa ‘Mercar no teu comercio ten premio’ da Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Consellería de Economía, Industria e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, e coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes Xeoparque Montañas do Courel.

En concreto, 1.000 euros repartidos en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio da localidade. Así, todos os clientes de Quiroga que realicen compras por importe mínimo de 10 euros no comercio asociado de proximidade poden participar no sorteo en directo destos 1.000 euros en premios.

Este sorteo terá lugar o xoves, 19 de outubro, ás 13.00 horas, na Praza da Peregrina (Rúa Real, mais, previamente, os consumidores deberán canxear os seus tickets de compra por boletos de participación nunha carpa que se instalará dende ás 10.00 horas nesta mesma praza.

Dende esa hora, todos os clientes poderán ademáis optar a un agasallo directo participando na Ruleta da Fortuna da Federación de Comercio. A partir das 12.00 horas haberá tamén animación musical.