Skip to main content
Quiroga

Os representantes dos Xeoparques Españois da UNESCO reúnense no Courel

Por 28 Outubro, 2023Sin comentarios

Preto de 40 representantes dos 15 Xeoparques Españois da UNESCO reuníronse estes días no Xeoparque Montañas do Courel para celebrar o encontro anual do Foro Español dos Geoparques. Nesta ocasión leva por título a xuntanza organizouse baixo o nome A que saben los Geoparques Mundiales de la UNESCO en España.

Na tarde de este xoves, desenvolvéronse na casa da cultura varias mesas redondas abertas a todo o público. O alcalde de Quiroga, José Luis Rivera Castro, o presidente do xeoparque, Roberto Castro, a alcaldesa de Folgoso do Courel e representantes da Deputación de Lugo e da Delegación da Xunta de Galicia foron os encargados de abrir a xornada.

Entre os temas que se abordaron atópanse as paisaxes gastronómicas; investigación, coordinación e servicios agroalimentarios e a promoción e difusión Agroalimentaria nos xeoparques.

Desde este mércores, os representantes dos xeoparques percorreron 14 lugares de interese das Montañas do Courel e mantiveron reunións de traballo para facer balance do traballo realizado neste 2023 e de cara á planificación das actividades a desenvolver en 2024.