Skip to main content
Ribas de Sil

O Concello de Ribas de Sil estrea nova sinalización turística

Por 31 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Ribas de Sil estrea nova sinalización turística. Entre os puntos que gozan de novos carteis informativos están A Bruxa de Torbeo ou os xeomiradoiros de Louxoá e Pena do Ladeiro.

O CIRS, a estación de tren e As artes de pesca tamén dispoñen dunha nova sinalización con información turística. Ademais, tamén son de certa relevancia os 6 paneis colocados nas inmediacións do Xeocamping.

A través destas sinais, preténdese dar información ó visitante de tódolos recursos cos que conta o Courel Mountains Unesco Global Geopark. O cambio fíxose posible tras a achega de 30.000 euros da Axencia de Turismo de Galicia.