Skip to main content
O Saviñao

O colexio de Escairón organiza unha carreira para recadar fondos contra a leucemia infantil

Por 17 Outubro, 2023Sin comentarios

O colexio plurilingüe Doctor López Suárez súmase á loita contra a leucemia infantil participando nunha iniciativa solidaria. Os alumnos do centro de Escairón realizarán unha carreira simbólica na que aportarán un euro para recibir o dorsal e o diploma.

A actividade terá lugar o vindeiro venres 20. Con ela, o centro súmase ao programa Vuelta al cole de Unoentrecienmil co que se pretende recadar diñeiro para investigar a enfermidade. Deste xeito, axudarán a financiar proxectos que teñan como obxectivo a cura do cancro máis común entre nenos e nenas, do que se diagnostican máis de 300 novos casos cada ano en España.

A Vuelta al Cole é unha carreira escolar que se organiza dende fai nove anos e que conta con máis de 1.500 colexios participantes por toda a xeografía española.  Cada un deles poden organizar a actividade segundo as súas instalacións e deben axudar a comprender aos alumnos o significado da leucemia.

comprender aos alumnos o significado da leucemia.