Skip to main content
O Saviñao

O vindeiro 28 de outubro O Saviñao acollerá unha actividade polo Samaín

O Concello do Saviñao organiza para o vindeiro 28 de outubro unha actividade de Samaín para todos os veciños e veciñas que lles apeteza pasar unha tarde divertida, xa sexan nenos e nenas ou adultos.

Así, o pavillón de Escairón acollerá esta actividade, que comezará ás 17.00 horas e que incluirá diversas actividades, como carriño de perritos, túnel do terror, inchables, baile, desfile de disfraces, portería tola e photocall.

Ademais, tamén haberá chocolate con churros para todas as persoas que se acheguen a pasar a tarde cos seus concidadáns.