Skip to main content
Taboada

A cineasta Uxía Gayoso, premiada no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

A cineasta Uxía Gayoso foi premiada no Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, celebrado en Santiago de Compostela.

A curtametraxe da veciña de Taboada, Noitevella 1999, recibiu o premio El Supernova, pensado para novos talentos e patrocinado por Galicia Calidade. Esta distinción foi unha coas que se clausurou unha das citas audiovisuais de maior tradición e calidade da capital galega, que se despedía da súa vixésima edición nun acto no que se coñeceron as mellores pezas de entre as 2.000 participantes.