Skip to main content
Cultura SARRIAXADeportes LUGOXALugoSarria

Jorge Loureiro, sarriao afeccionado do CD Lugo: “A Sarriana saíu gañando ao fichar xogadores do CD Lugo”

Por 22 Outubro, 2023Outubro 23rd, 2023Sin comentarios

Falamos con Jorge Loureiro Vázquez, sarriao de 20 anos que acompaña ao CD Lugo en todos os seus partidos.

De onde vén a súa paixón polo fútbol?

Polo meu pai, que sempre me levaba a ver o fútbol e desde pequeno quixen xogar e entretíñame moito velo.

Xogou algunha vez ao fútbol ou a outro deporte?

Si, xoguei a fútbol, a fútbol sala, a baloncesto, taewkondo e tamén practiquei atletismo.

Por que acompaña a todos os partidos ao CD Lugo?

Sempre me gustou viaxar para ver ao meu equipo, pero o de ir a todos lados só foi desde a tempada pasada, porque de pequeno non podía ir a moitos sitios polo pouco tempo que tiñan os meus pais e economicamente non podían ir, entón propúxenme ir un ano a todos os partidos.

Algúns dirán que apoia ao equipo da cidade, pero non ao de Sarria, por que?

A verdade é que desde pequeno era do Lugo e así seguín.

A SD Sarriana, cal é a súa opinión sobre o fútbol que eles promoven?

Están facendo as cousas moi ben, lograron o ascenso a 3RFEF e crearon a Sarriana B, creo que poden facer cousas interesantes.

Como valora que xogadores do CD Lugo pasasen a ser xogadores da Sarriana?

Pois a min a marcha de Pedro López naquel momento chocoume bastante, xa que xogara co primeiro equipo e tiña moi boa pinta. Sen dúbida, nesa marcha a Sarriana saíu gañando, aínda estando en preferente levaron a un central de moito nivel.

Pola outra banda, a marcha de Julen no persoal doeume, pero creo que aquí na Sarriana pode ter moitas oportunidades. Sen dúbida a Sarriana sobe o nivel do equipo e o Lugo perde dous talentos da casa.

Como é ser afeccionado do CD?

Lévase no sangue.

Como espera que sexa esta tempada?

Espero e desexo que máis ilusionante que a anterior, creo que xuntos podemos lograr o ascenso.

Seguirá viaxando co equipo a todos os partidos?

Vou tentar alongalo o máximo posible e seguir indo a todos, pero a ver ata cando podo, tentarei outra tempada máis, logo xa se verá.

Que é o que máis lle gusta de ir a cada partido?

Coñecer cidades, xente e estadios de fútbol. Lévome, en xeral, moi bos recordos de moitos.

Cre que algunha vez acompañará da mesma forma a un equipo de Sarria?

Non o descarto, pero ao CB Sarria, teño moitos amigos alí, oxalá consigan o ascenso.