Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Comeza a tempada de baloncesto

Por 8 Outubro, 2023Outubro 9th, 2023Sin comentarios

Por Adrián Fernández.

Chega o mes de outubro e con el volve a competición ao Novo Chanto nunha tempada 23/24 marcada polos cambios na dirección do equipo.
Despois dun verán movido coa chegada ao club de Juan Norat Estévez como novo director deportivo, o regreso de Xabi López Acevedo como coordinador da categoría premini e a incorporación de Pepe Domínguez ao corpo técnico, o CB Sarria xa está listo para afrontar unha tempada longa e interesante.

O primeiro equipo en levantalo telón, e o único de momento, foi o equipo sénior masculino que comezou a Liga o 23 de setembro na casa contra o celtas de Foz, encontro que perdería por 64-72 cos recente descendidos, por culpa dun mal último cuarto; a fin de semana seguinte viaxarían a Coruña e conseguirían a primeira vitoria gañando ao Básquet Coruña en Riazor por 71-75, o que os deixa cuartos cun balance de 1-1.

O resto de equipos irán comezando a tempada de maneira gradual. O 7 de outubro é a quenda dos equipos júnior, tanto masculino coma feminino, e ámbolos dous contra o Cidade de Lugo; a seguinte fin de semana (14 e 15 de outubro) tócalles ao sénior feminino, en Lugo, contra o Sagrado Corazón e ao cadete masculino na casa contra Estudiantes vermello, e pola súa contra o cadete feminino comezará a seguinte semana, a fin de semana do 20 e 21 de outubro, tamén contra o Cidade de Lugo no Novo Chanto. O resto de categorías aínda está por ver o calendario pero irán empezando nas seguintes semanas pouco a pouco.

Pese a algunha perda importante, o traballo feito estes anos permite ao equipo ter boas expectativas e loitar por acadar bos resultados en case tódalas categorías e poder celebrar éxitos coma en anos anteriores, a tempada 2023/2024 xa está aquí.