Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

“A primeira edición do Torneo Torreón de Sarria foi unha gran experiencia”

Por 19 Outubro, 2023Outubro 20th, 2023Sin comentarios

Esta pasada fin de semana tivo lugar o primeiro Torneo Torreón de Sarria organizado polo Club Baloncesto Sarria, no que participaron máis de 250 nenos e nenas de dez clubs participantes de Asturias e Galicia e un total de 20 equipos.

O torneo, que tivo lugar durante dous días no pavillón novo Chanto e no pavillón José Mario González, serviu para acoller unhas xornadas de baloncesto intensivas na que os xogadores puideron convivir con compañeiros, adestradores, monitores e familias.

Así, desde o CB Sarria defenden que, “ademais de moito baloncesto, esta experiencia serviu como posta a punto da temporada que nos espera” e na que pretenden seguir sendo un equipo de referencia no baloncesto.

Ademais, sostiveron que “esta primeira edición do torneo foi unha gran experiencia, polo que queremos agradecer a todas as persoas que participaron, pero tamén aos que colaboraron e ao numeroso público que se achegou aos pavillóns para desfrutar do baloncesto”, concluíu a presidenta do CB Sarria, Chus Arias.