Skip to main content
Deportes SARRIAXASarria

Dous alumnos do club AC Taekwondo de Sarria pasaron á fase autonómica da Copa Xunta de Galicia

Por 29 Outubro, 2023Outubro 30th, 2023Sin comentarios

A sarriá Alma e o portomarinense Mateo, ámbolos dous do club AC Taekwondo Sarria, dirixido polo campión Álex Losada, veñen de conseguir a clasificación á fase autonómica na primeira competición do club.

Durante o campionato provincial de Lugo da Copa Xunta de Galicia de Taekwondo, Alma, en categoría infantil, e Mateo, en categoría cadete “fixeron un traballo espectacular”, tal e como defende o seu entrenador, Álex Losada.

Esta fase provincial, que se celebrou en Taboada, deulles paso aos deportistas á seguinte fase autonómica nas súas respectivas categorías, pasando como os primeiros da provincia de Lugo a esta fase.