Skip to main content
Deportes SARRIAXAO Páramo

O SD O Páramo suma unha nova vitoria despois de enfrontarse ao equipo de Bóveda

O SD O Páramo vén de gañar esta fin de semana o partido que disputou contra o equipo CD Bóveda despois de apuntar 5 tantos en contraposición cos 0 que marcou o equipo rival.

Así, Juan, Antón e Hugo foron os goleadores que fixeron posible esta vitoria, que se consuma como a quinta do equipo, xa que no partido da semana pasada contra o equipo do Corgo, perderon.

O campo municipal do Páramo, As Rapadas, foi testemuña deste novo triunfo que os mantén á cabeza da competición de fútbol. Desde o club sosteñen que foi unha “vitoria contundente nun partido na que as condicions meteoroloxicas foron moi complexas e adversas”. Ademais, quixeron mandarlle ánimo ao seu goleador Antón, que se lesionou durante a xornada.