Skip to main content
Axenda SARRIAXADeportes SARRIAXASarria

O vindeiro 1 de xuño celebrarase a primeira Festa do Motor 4×4 da Comarca de Sarria

Por 24 Abril, 2024Abril 25th, 2024Sin comentarios

O Concello de Sarria, en colaboración coa asociación Os Carro x Catro, organizan a primeira Festa do Motor 4×4 da Comarca de Sarria o vindeiro sábado, 1 de xuño, na que haberá probas para motos, quads, buggies e todoterrenos repartidas ao longo da xornada.

Así, explican que “dada a boa aceptación, tanto polos participantes como pola gran afluencia de público que se achega as actividades que se levan acabo o derradeiro día do fin de semana da ruta 4×4 da comarca de Sarria, organizamos esta gran festa”.

A Festa celébrase trala IX edición da Ruta 4×4 que tivo lugar no pasado mes de novembro e que congregou a 425 vehículos participantes e arredor de 650 persoas que formaron parte da iniciativa. Así, daquela, os organizadores xa anunciaran a posibilidade de organizar unha Festa do Motor.