Skip to main content
O Incio

O local social do mercado gandeiro do Incio acolle unha charla sobre os cultivos e o cambio climático

Por 13 Outubro, 2023Outubro 14th, 2023Sin comentarios

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza unha charla coloquio para os socios e tamén para todos os veciños e veciñas do Incio sobre a adaptación dos cultivos frutícolas ao cambio climático.

Terá lugar esta tarde ás 19.00 horas no local social do mercado gandeiro do Incio e nesta charla intervirá Pedro Álvarez Álvarez, profesor da Universidade de Oviedo e experto en investigación sobre cambio climático.

A Consellería de Medio Rural da Deputación de Lugo colabora apoiando esta iniciativa na que se falará da sostenibilidade, do cambio climático e da adaptación neste ámbito das persoas que cultivan fruta.