Skip to main content
Axenda CaducadaO Incio

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza unha xornada de recollida de cogumelos

Por 23 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

A Asociación As Cavarcas do Incio organiza unha xornada práctica de recollida de cogumelos para todos veciños e veciñas do municipio que lles apeteza participar dunha actividade especial de outono.

Así, o vindeiro 4 de novembro a partir das 10.30 horas, o guía Antonio Rigueiro, profesor emérito da USC e veciño do Incio, guiará aos participantes desde o mercado gandeiro do Incio ata os bosques para conseguir os cogumelos.

As persoas que se animen a formar parte da iniciativa, na que colabora a Deputación de Lugo, deberán levar unha navalla de bo corte, unha ceste de vimias e roupa de auga por se chove, pero sempre de abrigo.