Skip to main content
Láncara

Os nenos e nenas de Láncara poderán gozar dunha sesión de contacontos con Carmen Domech

Por 12 Outubro, 2023Outubro 13th, 2023Sin comentarios

Os nenos e nenas de Láncara poderán gozar dunha sesión de contacontos o vindeiro venres 13 de outubro da man de Carmen Domech, quen achegará á biblioteca do Concello Onde viven os monstros a partir das 16.00 horas.

Esta iniciativa forma parte do Programa Ler conta moito da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Láncara e a Xunta de Galicia.

Todas as persoas interesadas en participar, xa sexan nenos ou familias, poderán facelo de balde mañá pola tarde e pasar un momento divertido cos demais pequenos do municipio.