Skip to main content
Láncara

A grupo de música da Asociación Val de Láncara actuará no magosto deste sábado

Por 25 Outubro, 2023Outubro 27th, 2023Sin comentarios

A Asociación Cultural Val de Láncara e o Concello de Láncara organizan o magosto no municipio o vindeiro sábado 28 de outubro a partir das 20.30 horas.

Nesta iniciativa, aberta a todos os veciños e veciñas do municipio, as persoas que se acheguen poderán desfrutar dun momento compartido e desfrutar da degustación dos liscos, os chourizos, a panceta, pero tamén das castañas.

O evento, que terá lugar na antiga escola de Láncara, acollerá, ademais, a actuación musical do grupo da Asociación Cultural Val de Láncara, que amenizarán a xornada para que os veciños e veciñas poidan botar un baile.