Skip to main content
O Páramo

Abórdase a situación actual do centro de saúde do Páramo para promover melloras

O conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o xerente da área sanitaria, Ramón Ares Rico, reuníronse co alcalde do Páramo, José Luis López.

Na xuntanza de traballo abordouse a situación actual do centro de saúde da localidade e as súas posibles melloras para que os veciños e veciñas do municipio poidan ter un servizo sanitario digno e de calidade.

A intención é analizar as necesidades e intentar resolver os problemas máis inmediatos para mellorar o centro e a atención nel, xa que no Páramo a poboación é moi envellecida e van moito ao centro de saúde.