Skip to main content
O Páramo

Gumersindo Rodríguez solicita ao goberno local información sobre o servizo de atención no fogar

Gumersindo Rodríguez, portavoz da agrupación política Galicia Sempre no Páramo, rexistrou un escrito no Concello no que solicita información ao goberno local sobre a execución do plan de dependencia municipal.

Así, explica que os veciños e veciñas están a queixarse de que non están recibindo o servizo de axuda no fogar e podería haber “unha deixadez de funcións por parte do goberno local” de ser certo.

Por iso, o portavoz de Galicia Sempre pide no seu escrito unha relación completa das persoas que desenvolven ese traballo e as horas que fan para saber se hai momentos sen cubrir o servizo, situación que di “debería cubrirse a través dunha empresa especializada”.