Skip to main content
O Páramo

O Mago Paco trae o seu espectáculo de maxia ‘Hocus Pocus’ ao Concello do Páramo

O Concello do Páramo acolle un espectáculo de maxia cómica para nenos e nenas desde os 3 anos ata adultos de 99 anos.

A cita será o 25 de outubro, este mércores, no salón de plenos do Concello, a partir das 17.00 horas, cando as persoas participantes poderán desfrutar desta actividade.

A obra de maxia cómica leva o nome de ‘Hocus Pocus’ e será representada polo Mago Paco, que se dedica á maxia case por casualidade, xa que o seu traballo como animador infantil levoulle a empregar o recurso da maxia.