Skip to main content
O Páramo

O BNG convoca unha nova concentración en defensa da sanidade pública no Páramo

Por 24 Outubro, 2023Novembro 3rd, 2023Sin comentarios

O BNG convoca unha nova concentración para defender a sanidade pública e de calidade, neste caso fronte ao centro de saúde do Páramo o vindeiro xoves, 26 de outubro, ás 12.00 horas.

Marta Portero, representante do BNG no Páramo dixo  que “levamos moito tempo denunciando o desmantelamento da atención primaria, e a mala xestión do PP esta a levar a cabo co risco de colapso da atención primaria”.

O BNG tivo coñecemento de que no centro de saúde do Páramo, de 2 médicos que teñen a súa praza, non pasa consulta ningunha, porque non están dispoñibles por vacacións ou baixas laborais, e a Xunta de Galicia non cobre esas baixas de persoal médico.

Así, neste centro de saúde pasan consulta un profesional catro horas ao día máis nunca se sabe exactamente o horario no que vai estar no centro. “Nesta tesitura é imposible que o persoal sanitario poida atender a demanda de pacientes que ten o centro e estanse a producir cambio de citas ou consultas que acaban acudindo a urxencias correndo o risco de saturación deste servizo”, explican desde o BNG.

Por isto, a nacionalista sostivo que a preocupación da veciñanza ante esta situación “que pon en risco a saúde de todas, lévanos a que, ademais de levar iniciativas políticas alí onde temos representación, a dar un paso máis e convocar unha concentración en defensa da atención primaria e para demandar que non deixen ao Páramo sen médicos”.

“O Páramo non pode estar nesta situación”

Dende o BNG de O Páramo din que “non se pode estar nesta situación xa que se pon en risco a saúde dos máis vulnerables, ademais do trastorno que isto causa sobre todo ás persoas maiores que non saben nunca a que hora teñen consulta”.

Por todo isto, Marta Portero animou a todos os que poidan a acudir a defender a atención primaria e o dereito a unha sanidade pública e de calidade para o pobo, “xa que están a deixar ao persoal sanitario nunha situación inabarcable, e aos pacientes nunha indefensión total” finalizou asegurando que “os recortes do PP poñen en risco a nosa saúde por eso é necesario que este xoves nos concentremos para exixir un centro de Saúde ao 100%”, concluíu.