Skip to main content
Samos

O goberno local de Samos comprométese a colaborar co Ceip Samos e a súa Anpa durante o curso escolar

Por 6 Outubro, 2023Outubro 7th, 2023Sin comentarios

A alcaldesa de Samos, Chus López, e parte do goberno local desprazáronse ao Ceip Samos para agasallar tanto a nenos como a docentes con libros e camisetas, en colaboración coa Deputación de Lugo, con motivo do aniversario dos seus 40 anos.

Durante todo o curso escolar, o Concello colaborará co Ceip Samos e coa súa Anpa, “xa que o colexio é unha das grandes prioridades de Samos, non só para as persoas que forman parte del, senón tamén para o Concello e para toda a veciñanza, dado que é unha ferramenta moi útil para o asentamento poboaciónal de Samos”, explican desde o goberno local.

Así, durante este curso escolar tamén os nenos e docentes tamén serán agasallados con entradas para poderen desfrutar do mellor fútbol co CD Lugo, e co mellor baloncesto, co Breogán.

“Queremos que os nosos nenos e nenas desfruten dunha mellor calidade na ensinanza e que as familias destes nenos e nenas teñan un servizo de conciliación preto da casa, sen ter que desprazarse a outras localidades”, sostiveron desde o Concello.