Skip to main content
Samos

Samos acolle unha conferencia do catedrático Francisco Fernández Rey sobre o poema ‘Samos’

Este sábado, 21 de outubro, a biblioteca municipal de Samos acollerá unha conferencia da man de Francisco Fernández Rey, catedrático emérito da USC a partir das 13.30 horas.

Nesta conferencia, baixo o nome de ‘O seu último paraíso’ falarase do 75 aniversario da obra ‘Samos’ de Ramón Cabanillas, un poema épico-didáctico, de inspiración relixiosa e dominio técnico, onde o poeta procura o seu propio equilibrio interior.

As persoas interesadas en participar desta actividade poderán facelo achegándose á biblioteca municipal o sábado e de forma gratuíta poderán escoitar unha conferencia sobre unha obra maxistral da lingua galega.