Skip to main content
Samos

O Concello de Samos impulsa unha iniciativa para crear un banco de imaxes do municipio

Por 20 Outubro, 2023Outubro 21st, 2023Sin comentarios

A área de Turismo do Concello de Samos vén de propoñer unha iniciativa para promocionar o municipio a través da creación dun banco de imaxes que conteñan todos os lugares interesantes de Samos.

Así, piden a todas as persoas, tanto veciños como persoas que se acheguen ao Concello, que manden as súas fotos  de tamaño grande e boa calidade de Samos ao correo turismo@concellosamos.gal.

Valen tanto imaxes en vertical como en horizontal e poderán ser de pobos, casas de arquitectura tradicional, cociñas antigas, sequeiros, airas, igrexas, paisaxes, festas, fervenzas, castros, alvarizas e demais.