Skip to main content
Sarria

A primeira edición do festival indíxena Galiza Profunda terá lugar o 4 de novembro en Sarria

Por 17 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

A Asociación Buril ACDE organiza a primeira edición de Galiza Profunda, un festival indíxena que terá lugar o vindeiro 4 de novembro en Sarria.

Nesta primeira edición, contarase con catro grupos de música, Liviao de Marrao, Cuarta Xusta, A Cadela Asasina e Maskarpone.

Liviao de Marrao é un grupo de dez persoas formado en 2010 en Chantada que mestura o rock con punk, ska e música tradicional galega; mentres que Cuarta Xusta son un grupo de rock de cinco persoas que cantan “berrar con música as inxustizas”.

Pola súa parte, A Cadela Asasina é un grupo de música tradicional dende as terras de Lemos e Maskarpone é un grupo musica ska reggae de Ourense.