Skip to main content
Sarria

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Sarria celebrou o seu XXIX aniversario

O Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Sarria celebrou o seu XXIX aniversario cunha xornada festiva na que tiveron un especial protagonismo os residentes e as súas familias.

Os usuarios actuaron na gala musical “Ti si que vales”, desfrutaron do espectáculo de maxia de Samuel Moreno, e pola tarde seguiron a festa coa música de DJ Tibu. Ademais, instaláronse senllas exposicións con traballos elaborados por eles e fotografías de actividades e excursións realizadas no último ano.

O CAPD depende da Consellería de Política Social e Xuventude e conta con máis de 170 traballadores, así como acolle a 120 residentes que reciben atención integral, dende os coidados básicos ata atención psicosocial, fisioterapia ou talleres formativos para potenciar as súas habilidades.