Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O PM Friol xogou esta semana o seu partido número 500 e celebrouno cunha festa

Por 4 Outubro, 2023Sin comentarios

O PM Friol fixo historia a pasada fin de semana, xa que disputou o seu partido número 500 e fíxoo como no podería ser doutro xeito con vitoria ante outro clásico do fútbol feminino, O Gijón FF.

O equipo local está este ano en Terceira Federación, trala nova reestruturación de categorías realizada este verán e os partidos disputados foron realizados nas categorías galegas e Nacionais, xa que estivo tamén na Primeira Nacional, un fito histórico para un equipo dunha localidade rural.

Durante a festa celebrada ao finalizar o partido, xogadoras de hoxe, familiares, amigos e afeccionados celebraron xuntos a ocasións recibindo tamén na Reigosa a antigas xogadoras e tamén aos seus familiares.

Baixo un sol de xustiza tomáronse uns callos para conmemorar o evento e celebrar unha nova vitoria para o equipo, que volverá loitar polo ascenso que perdeu o ano pasado.