Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXAFriolFriol TERRACHÁXA

O club ciclista de Friol organiza este sábado a súa III Ruta BTT

Por 11 Outubro, 2023Sin comentarios

Este sábado, 15 de outubro, terá lugar a III Ruta BTT por Friol, organizada polo club ciclista da zona. Este percorrido constará de tres rutas, a primeira de 40 km e 900 metros de desnivel, outra de 54 km e 1400 metros e a última, máis longa, de 72km e 1900 metros.

Ten un prezo de 30 euros cunha diferenza de 10 euros para os federados. A inscripción inclúe o xantar e se fai en Championchipnorte hoxe como último día.

Dende a organización explícase que a marcha está aberta a todo ciclista maior de 15 anos en posesión de licenza federativa en vigor, cun máximo de 350 participantes.

As inscricións de menores de 18 anos deberán ir acompañadas da autorización por escrito do pai, nai ou titor legal do participante. De non achegar a devandita autorización, non se dará por formalizada a inscrición e non lles será entregado o dorsal para poder participar na III Ruta BTT Montes de Friol.