Skip to main content
Begonte

O Concello de Begonte prepara de novo o Mercado de Nadal

Por 17 Outubro, 2023Outubro 18th, 2023Sin comentarios

Debido ao éxito das anteriores edicións, o Concello de Begonte anunciou que está a preparar por segundo ano consecutivo o mercado de nadal que se celebrará os días 16 e 17 de decembro na praza Irmáns Souto Montenegro.

Como sempre abrirá un tempo para que os interesados en participar como vendedores poden solicitar o seu posto no Concello. Búscanse expositores de artesanía, alimentación, ocio, decoración, atraccións, etc, que terán a súa estadía gratuíta.

A intención do Concello é preparar para eses días de mercado unha morea de actividades para nenos e adultos.

Os interesados en inscribirse ou informarse poden facelo no Concello a través do teléfono 982 396 143 ou 619 455 026 ou na dirección de correo cultura@concellodebegonte.es.

O Concello repite nesta convocatoria depois do éxito acadado o ano pasado, xa que contou con numeroso público asistente e moitos postos de venda.