Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Convocan unha charla sobre alimentación saudable en Outeiro de Rei

Por 2 Outubro, 2023Sin comentarios

O martes 17 de outubro a Casa da Cultura de Outeiro de Rei acollerá a charla É o mesmo alimentarse que nutrirse? impartida polas dietistas-nutricionistas do Servizo Galego de Saúde Paula Roca Saavedra e Antía Pérez Vázquez.

Na charla tratarase sobre a diferenza entre alimentación e nutrición, ademais falarase sobre alimentación saudable, alimentos procesados, consellos para unha cesta saudable con interpretación do etiquetado, ferramentas e aplicacións dispoñibles para poder escoller mellores alimentos procesados.

A charla terá unha duración aproximada de 90 min nos que haberá un tempo para que as persoas que o desexen poidan preguntar e resolver dúbidas.