Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

O Concello de Outeiro de Rei convoca de novo as axudas a escolares

Por 2 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei vén de convocar un ano máis as axudas á escolarización, dirixidas concretamente á compra de material escolar para o curso que empeza e sempre que realicen formación obrigatoria. O prazo rematará o 23 de outubro

Os gastos de escolarización subvencionables serán os seguintes: cadernos de exercicios, bolígrafos, lápices ou demáis material gráfico; bolsas, mochilas e outros elementos de transporte de material escolar; dicionarios; atlas; libros; libretas; e outros materiais directamente relacionados co desenvolvemento de actividades formativas escolares.

O Concello destina a este fin 10.000 euros do seu orzamento e recibirán antes do Nadal a subvención todos aqueles que cumpran os requisitos.

Para poder obtar a estas axudas é necesario estar empadroados no Concello de Outeiro de Rei e cursar estudios de Educación Infantil de 2º ciclo, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plásticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio.

No poder ter axudas para o mesmo fin doutras administracións públicas e deberán presentar para a súa solicitude fotocopia do DNI de todos os membros da unidade familiar, fotocopia de todas as follas do libro de familia, última declaración da renta ou, no caso de non presentala, certificado negativo da Delegación de Economía e Facenda, declaración xurada doutras axudas obtidas para a adquisición de libros de texto, certificado de estar o corrente nas obrigas tributarias municipais, certificado do centro escolar no que conste matriculado o interesado e facturas orixinais que acrediten o gasto realizado, e/ou recibo do colexio firmado e selado donde estea matriculado o interesado.

As axudas determinaranse en función da renda e non poderán superar os 350 euros agás para os beneficiarios cursen estudos de bacharelato, formación profesional de grado medio, ensinanza profesional de artes plásticas e deseño de grado medio, e as ensinanzas deportivas de grao medio, para os que a contía máxima xustificable será de 400 euros.

Os interesados poderán presentalas nas oficinas municipais, en días laborables e horarios de 9 a 15 horas.