Skip to main content
Comarca LUGOXAComarca SARRIAXADeportes LUGOXADeportes SARRIAXADeportes TERRACHÁXALugoOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Medio cento de pilotos participarán na 45 edición do Rally San Froilán

Por 13 Outubro, 2023Outubro 15th, 2023Sin comentarios

Os pilotos correrán cinco treitos cronometrados en estradas de Outeiro de rei, O Corgo, Láncara, O Páramo e Sarria.

Este mediodía presentouse na Praza de San Marcos o Rally San Froilán, que prepara a 45 edición con 125 equipos inscritos, máis de medio cento pilotos das comarcas de Lugo.

A proba, organizada pola Escudería Miño, contará con cinco treitos cronometrados en Outeiro de Rei -dous, un en Bonxe e outro en Guillar -, O Corgo, Láncara e entre O Páramo e Goián (Sarria), que disputarán na tarde do venres 20 de outubro e ao longo da xornada do sábado 21 de outubro.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é un ano máis a principal patrocinadora da proba, cunha achega de 30.000 euros. Na súa intervención, o vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro remarcou “ademais de recibir os mellores pilotos de Galiza, que pelexan polos primeiros postos do Campionato Galego de Rally, o Rally San Froilán congrega sempre moitos equipos das comarcas de Lugo que preparan dun xeito máis modesto pero con moito entusiasmo a súa participación no rally máis emblemático do calendario galego”

O responsábel provincial encadrou o patrocinio da proba “na implicación da Vicepresidencia da Deputación coa promoción do automobilismo cunha liña de axudas específicas para pilotos de rally e co programa Volante Deputación que cada ano dá oportunidade de particpar na proba a un piloto novel”, nesta edición o piloto lucense Hugo Iglesias, que correrá no equipo de competición PTC Escuela nun Toyota Yaris.

No acto, que se celebrou no Pazo de San Marcos, participaron unha decena de pilotos, que trouxeron os seus coches a Praza de San Marcos, representantes do Concello de Lug e dos municipos polos que transcorren os distintos treitos, así como da Xunta de Galiza e da Federación Galega de Automobilismo.

Programa

O Rally comezará na tarde do venres. Os coches saíran do parque pechado de Frigsa (18.20 horas) para facer as primeiras pasadas polos treitos de Outeiro de Rei (Bonxe e Guillar), e volverán a Lugo para facer a cerimonia de saída no fondo da Praza Maior de Lugo (21.30 horas).

A ceremonia de saída do Rallly San Froilán celebrarase na Praza Maior de Lugo o venres 14 a partir das 19.30, coa chegada dos coches ao fondo da Praza desde o aparcadoiro do Auditorio Gustavo Freire, para saíren cara ao parque de traballo situado no poligono de Outeiro de Rei.

Na xornada do sábado, os pilotos farán a segunda pasada polos treitos de Outeiro de Rei e os treitos de O Corgo, Láncara, e o de Goián, por estradas dos concellos de O Páramo e Sarria.

O cartel desta edición é unha homenaxe a Barbara Gómez, copiloto coruñesa que faleceu o pasado mes de setembro nun accidente no Rally Valle de Laciana en León.