Skip to main content
As Pontes

As Pontes inviste máis de 110.000 euros na mellora de dous viais do rural

Por 24 Outubro, 2023Outubro 25th, 2023Sin comentarios

O Concello das Pontes investirá 113.730 euros, con cargo á Deputación da Coruña, as obras de mellora de dous viais localizados na parroquia de San Xoán do Freixo co obxectivo de dotalos dunha maior calidade, tanto estrutural como superficial, para garantir, deste xeito, a seguridade do tráfico e das persoas viandantes.

A través destas actuacións, o Goberno local continúa co seu proxecto para mellorar as infraestruturas do ámbito rural, favorecer a calidade de vida da veciñanza, que sumadas ás actuacións xa levadas a cabo e as previstas acometer nos próximos meses, permitirán avanzar cara un municipio máis accesible, cómodo e seguro.

Os traballos permitirán a mellora e substitución da actual capa de rodadura por aglomerado asflático e inclúen o varrido da superficie dos viais, a limpeza das marxe e cunetas así como a cubrición con saburra coa finalidade de evitar o chanzo producido polo recrecido do firme. Os traballos rematarán co pintado das liñas de bordo e a reposición da sinalización horizontal.