Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto organiza unha excursión á Coruña

Por 25 Outubro, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto organiza unha excursión á Coruña facendo tamén a ruta Betanzos-Oleiros-Sada, que se celebrará os días 4 e 5 de novembro.

A viaxe está prevista con saída da gasolinera ás 8.00 horas do sábado 4. Esta xornada contará con almorzo no restaurante La Casilla de Guitiriz, visita a Betanzos, Oleiros e Sada, comida no Espírito Santo restaurante As Rodas e pola tarde chegada ao hotel EXE Coruña.

O domingo haberá almorzo no hotel e continuará con visita guiada á cidade. Volverán comer no hotel e pola tarde haberá tempo libre ata ás 19.00 horas cando se volverá para Riotorto, con parada en Guitiriz para uns petiscos.

O prezo da viaxe é de 120 euros por persoa e hai un límite de prazas de 50.

As persoas que desexen anotarse deberán facelo antes do 28 de outubro coas monitoras dos centros veciñais.