Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

A vilalbesa Julia Cabarcos foi seleccionada para representar a España no mundial de culturismo

Por 4 Outubro, 2023Outubro 5th, 2023Sin comentarios

A deportista vilalbesa Julia Cabarcos vén de ser seleccionada esta semana en Madrid, xunto a outros 24 deportistas, para representar a España no Campionato do Mundo de Culturismo, que se celebrará entre o 1 e o 6 de novembro en Santa Susana, Barcelona.

Esta é a primeira vez que logra ser seleccionada xa que na anterior ocasión foi penalizada por estar demasiado forte.

A vilalbesa foi escollida entre outros 118 atletas que se presentaron á preselección. Os escollidos non representan a todas as categorías existentes na actualidade, senón só naquelas nas que hai posibilidades de obter medallas ou un lugar destacado no ránking. Julia Cabarcos, que competirá co dorsal 393 preséntase na categoría women’s physique master.

Pero antes desta proba, ten outra competición en dúas semanas, o Campionato Europeo.

Para Julia este é un momento importante da súa carreira “estou máis que feliz xa polo feito de poder estar aí representando a España, todo o que veña a maiores por será unha alegría máis”, dixo.

LE A ENTREVISTA A JULIA CABARCOS