Skip to main content
Uncategorized @gl

O programa de San Froilán de hoxe

Por 8 Outubro, 2023Outubro 9th, 2023Sin comentarios

DOMINGO 8 (DOMINGO DAS MOZAS)

10.00 h. II Feira de Olaría Lugo Tradicional (FOLT) na praza Santo Domingo até ás 21.00h.

11.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción. (Das 11h ás 13.30h).

11.00 h. Feira de antigüidades e coleccionismo na rúa da Raíña.

11.00 h. XXX Feira do Mel. Até ás 20.00h na praza da Soidade. Cata oficial de mel da Galicia ás 13.00h. Obradoiro de elaboración de xabón e cosmética con mel ás 16.00h.

11.00 h. 51ª Edición do Desfile do traxe galego na praza Maior.

11.30 h. XXIV Mostra de Música Tradicional Galega do Domingo das Mozas, coa Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, polo recinto histórico. De 11:30 ás 13.30h e das 17h ás 18.30h. Participan: Rebulir Cultura Tradicional, Souto Xímaro, Río de Anxo, Os Faiscas de Solobeira, Abertal, Tumba e Dalle, Charanga Traspés, Grupo de baile Traspés, Pandeireteiras e pandeireteiros Traspés, Par de Par, Os Mecos de Ogrobe, Axeigo.

12.00 h. Os Pelúdez entre nós polo recinto histórico.

12.00 h. Ofrenda floral a Rosalía de Castro por parte de Melania Cruz no Parque de Rosalía de Castro.

12.30 h. Pasarrúas de A Volta do Agro polo Barrio da Ponte.

12.30 h. Pasarrúas de Airiños de Orbazai pola avda Adolfo Suárez e o Sagrado Corazón.

12.30 h. Pasarrúas de Xílgaros de Lugo pola praza da Milagros,  Camiño Real, Mallorca e avda. da Coruña.

13.00 h. Concerto de MULLER (Noelia Geada+David Taboada) na praza da Mosqueira.

13.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO: na praza do Castiñeiro.

17.00 h. San Froilán Tecedeiro no parque Rosalía de Castro. Mostra artesanal e obradoiro de construción. (Das 17h ás 20.00h).

17.30 h. Os Pelúdez no cemiterio San Froilán. Visita guiada polo cemiterio da man de Os Pelúdez.

18.00 h. O SAN FROILÁN MÁXICO NO TEU BARRIO na praza do Castiñeiro. Pases ás 18, 19.30 e 21h.

18.00 h. Concertos de BOUBA PANDERETEIRAS e TANTO NOS TEN na praza Santa María.

20.00 h. Concerto de VRÁSICA na praza da Mosqueira.

21.00 h. Concerto de ENREDADAS Coplas, jotas y alalás: MARTIRIO * UXÍA * CARMEN PARÍS * A PEDREIRA na praza Santa María.

22.00 h. Concerto de BAIUCA na Horta do Seminario. Ás 21h Teloneiros; Hänselus.

SAN FROILÁN MIÚDO

11.00 h. LARUN de Jokai. Ata as 14.00h e das 16h ás 18.00h.

18.30 h. Le Voyage de JAM.

PROGRAMA DEPORTIVO

8 de outubro ás 10h. IX Copa Softball San Froilán organizada por CBS Marineros Lugo no Campo Municipal de Béisbol do Ceao.