Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

O Xove FS incorpora a Christian Chao e Rubén Rodríguez

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

O Xove FS informou das novas incorporacións para esta tempada nas que se suman Christian Chao e Rubén Rodríguez Reigosa máis coñecido como Xuxa.

Christian regresa ao Xove FS despois de conseguir o ascenso a tempada pasada, sendo un xogador diferencial e básico nos esquemas de Lucas.

O focense Xuxa, é un xogador que conta con experiencia ao máis alto nivel tras o seu paso pola Primeira División co Azkar Lugo, chegando a disputar a UEFA Futsal Cup co Apoel. Xuxa achegaranos calidade, gol e sacrificio.