Skip to main content
Burela

Comezaron ás obras de mellora do alumeado público na zona burelesa de Pomeda

Por 11 Novembro, 2023Novembro 12th, 2023Sin comentarios

O Concello de Burela deu comezo a semana pasada ás obras de mellora do alumeado público na zona de Pomeda, na saída cara Cervo, e tamén no barrio da Casilla. Así, comezaron coa eliminación dos farois nunha beira da vía.

Segundo deu a coñecer o concelleiro de Obras, Ramiro Fernández Rey, “é unha actuación que levamos tempo querendo facer pero tivemos que ter o permiso de Adif”.

“Os traballos consistirán na mellora do alumeado, é dicir, no cambio á tecnoloxía led o que suporá un aforro enerxético e unha menor contaminación lumínica”, sinala Fernández Rey.

Estas obras, que contan cun investimento de case 32.000 euros, inclúen a colocación de 53 lámpadas led, “e rematarán nunha ou dúas semanas, dependendo da climatoloxía”.