Skip to main content
BurelaMar AMARIÑAXA

A Confraría de Pescadores de Burela, 100 anos xerando historia na vila

Por 18 Novembro, 2023Novembro 19th, 2023Sin comentarios

Desde 1923, cando se formalizou como Depósito de Pescadores, a Confraría de Pescadores de Burela foi xerando a documentación que nos permite coñecer as orixes e o devir da institución que hoxe coñecemos.

As confrarías de pescadores xurdiron da necesidade dos traballadores do mar de asociarse para conseguir mellorar nas súas condicións de traballo e de vida e desde os seus comezos ata os nosos días experimentaron multitude de cambios.

Coa Real Orde de 1918 pretendíase reorganizar as antigas organizacións de pescadores mediante unha axuda estatal e co amparo desta Orden fundouse a Sociedad Pósito de Pescadores de Burela o 18 de novembro de 1923.

Aquel 18 de novembro reuníronse na casa do mestre, Camilo Fernández, un total de 65 persoas aos que lles axudou coas xestións administrativas e convidaron aos pescadores presentes a inscribirse como socios.

Burela no seu principio foi unha aldea formada por varios e pequenos barrios, en 1994 asinouse o acordo de segregación co Concello de Cervo, e a súa frota pesqueira non chegaba a máis dunha vintena de embarcacións dunhas cinco toneladas, sen cuberta e nas que traballaban cinco ou seis tripulantes como máximo, polo que o sector pesqueiro tivo un notable papel no seu  crecemento demográfico e económico. Por iso a Confraría de Pescadores tivo e ten un papel moi importante na historia desta vila mariñeira e ademais é unha das institucións máis veteranas.

Gracias á fundación deste colectivo contratouse o primeiro médico en Burela, construíronse vivendas de pescadores, fixéronse xestións para o que sería o futuro hospital, o centro de saúde e o Concello. E ademais, organizaban as festas patronais de Burela.

A primeira lonxa que tivo Burela era pequena e de madeira e nela vendíase moi pouco peixe pois a maioría vendíase directamente no barco para conservas.

As confrarías son auténticos centros de documentación sen as que non se entendería o desenvolvemento social, económico e cultural de todos e cada un dos pobos que axudaron a construír. Todas estas levan anos recompilando material dun gran valor histórico e no caso da burelá, non ía ser menos.

Ao longo destes anos foi xerando documentación día a día para o correcto desempeño das súas funcións. Esta documentación foise acumulando nas oficinas e, a medida que xa non se necesitaba con frecuencia, noutras dependencias que se usaron como local de depósito.

Na actualidade, o crecente volume de documentación puxo de manifesto a necesidade de crear un sistema de arquivo que permitise unha eficaz recuperación da información.

De arriba abaixo: barco de cerco, barco artesanal de artes menores, barco arrastreiro, un barco palangreiro, e unha vista actual do edificio da Confraría.

HOXE EN DÍA.

A Confraría de Pescadores San Juan Bautista de Burela é unha corporación sen ánimo de lucro que actúa para e por a promoción do sector pesqueiro e representa os intereses económicos, sociais e corporativos dos profesionais do sector. O seu ámbito territorial comprende desde punta Rueta a punta Nois.

Na actualidade, o censo de socios da Confraría conta con 337 socios, 50 pertencentes á agrupación de empresarios e 287 á de traballadores.

Actualmente a Confraría conta cun edificio onde se atopan as oficinas e en cuxa planta baixa atópanse as cámaras de frío, tamén alberga a fábrica de xeo e silos de almacenamento así como diversas naves e departamentos para facilitar os quefaceres dos armadores de Burela e de barcos foráneos tanto no espigón norte, como no espigón sur.

A construción inicial da fábrica de xeo empezou grazas a unha concesión outorgada o 10 de outubro do ano 1968 polo Grupo de Portos de Lugo, hoxe en día Portos de Galicia. Posteriormente fóronse ampliando as instalacións e no ano 1991 ampliouse a superficie grazas a unha nova concesión e recentemente foi substituída a súa cuberta. A súa principal actividade é a subministración de xeo aos barcos.