Skip to main content
Burela

O Grupo de Participación Adolescente de Burela organiza unha actividade polo mes da ciencia en galego

Por 20 Novembro, 2023Novembro 21st, 2023Sin comentarios

O Grupo de Participación Adolescente do Concello de Burela e a aula de educación medioambiental Gaia celebran o mes da ciencia en galego nas bibliotecas cuns obradoiros de experimentos científicos

Terán lugar o vindeiro martes día 21 na sala de usos múltiples da Biblioteca de Burela, ás 17.00 para o grupo de 3 a 7 anos e ás 18.00 para o grupo de 8 a 12 anos

As prazas son limitadas, sendo necesaria a inscrición previa na Casa da Xuventude de Burela de 9.00 a 14.00 ou no número de teléfono 982 581 141.