Skip to main content
Burela

Burela presenta a programación do 25N que contará coa proxección dun e unha andaina

Por 17 Novembro, 2023Sin comentarios

A Concellería de Igualdade e o CIM do Concello de Burela presentan a programación de actividades co gallo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.

O venres 24 de novembro, ás 12.00 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional contra a violencia de xénero. A continuación será a inauguración do Xardín da Memoria, actividade realizada co alumnado do IES Monte Castelo e do IES Perdouro.

Durante a mañá do venres haberá, na Praza do Concello, un posto informativo onde se fará reparto de material (folletos, chapas, pulseiras, bolsas, etc) e se dará todo tipo de información, como vía de sensibilización, para poñer fin á violencia de xénero a través da concienciación da poboación en xeral e de dar a coñecer os recursos ás vítimas en particular. E, para finalizar, ás 20.30 na Casa da Cultura, terá lugar a proxección do documental ‘Onde máis doe’.

O domingo 26 ás 11.00 horas terá lugar a II Andaina contra a violencia de xénero, unha ruta circular de 7km con saída da Praza do Concello na que colaboran a Asociación Pasada das Cabras e o Grupo de Participación Adolescente. O Concello de Burela anima a toda o veciñanza a participar nestes actos.