Skip to main content
Foz

Nova edición das Xornadas Micolóxicas dos Bolouros de Foz, que se prolongan ata o 30 de novembro

Por 11 Novembro, 2023Novembro 12th, 2023Sin comentarios

A asociación Os Bolouros de Foz celebra as súas xornadas micolóxicas, que nesta ocasión están dedicadas á lembranza de Suso do Bahía. Esta cita desenvólvense as actividades ata o 30 de novembro.

Así, malia que xa comezou, seguirá os xoves 16, 23 e 30 de novembro e nesta xornada haberá funxitapas nos establecementos hostaleiros Barrilete-Racimo e Casa Damián, onde coas consumicións serven petiscos de cogomelos a partir das 20.30 horas.

Para o domingo 12 de novembro está programado un percorrido pola Fraga das Lerias, no Valadouro, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 9.30 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 11.

O domingo 19 de novembro haberá unha andaina pola Ruta de Cabreiros, na contorna do río Trimaz, no concello de Xermade, para recoller e identificar cogomelos. A saída será desde diante da Casa do Concello de Foz ás 9.00 horas. Os participantes que queiran poderán asistir a un xantar, para o que hai que inscribirse antes do día 18.

O 23 de novembro o presidente de Os Bolouros, Xesús Blanco, dará unha charla sobre especies de setas comercializables. Será ás 20.30 horas na Librería Bahía, de Foz. E o 25 de novembro ás 14.30 horas haberá un xantar micolóxico, para o que hai que anotarse antes do día 24.

Para máis información e reservas das actividades os interesados poden contactar cos teléfonos 982 140 302 e 625 172 409 ou a través do correco electrónico bolouros@concellodefoz.es