Skip to main content
Foz

Aprazada a charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz para este mércores

Por 14 Novembro, 2023Sin comentarios

A charla médica do ciclo organizado polo Concello de Foz que estaba prevista para este mércores 15 -sobre a próstata, a cargo do urólogo Marco Antonio García Expósito- aprázase para o día 29 deste mes co mesmo horario e lugar: ás 20 horas na Casa da Cultura. Anunciouno a concelleira de Sanidade, Kathy Navarro.

Dentro deste ciclo para o mércores 22 está programada a charla do psiquiatra Diego Gonzalez Peña, que falará sobre A saúde mental na actualidade.

A concelleira de Sanidade, Comercio e Turismo, Kathy Navarro, agradece a colaboración e disposición do Hospital público da Mariña “por facer posible estas charlas, que achegan coñecemento aos veciños; e tamén aos relatores, por toda a labor que están a facer”.