Skip to main content
Lourenzá

Terras de Lourenzá organiza unha ruta de fin de semana polo Bierzo

Por 4 Novembro, 2023Sin comentarios

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha nova ruta de sendeirismo para a vindeira fin de semana do 11 e 12 de novembro polo Bierzo.

A saída farase ás 07.00 horas con  parada en Vega de Valcarce para almorzar e así comezar a ruta ás 9.45 horas.

Para a xente que non se vexa con posibilidade de facer a ruta media-alta, hai alternativa de facer unha curta de 5,3 kms e dificultade baixa.

Ao rematar haberá un xantar nun restaurante ás 15.00 horas polo que non é necesario levar comida completa para a ruta. Pola tarde visitarán Cacabelos, onde cearán e durmirán. Xa o domingo farase a ruta Salto del Pelgo-Toral de Los Vados.

Para participar é necesario anotarse chamando aos teléfonos nos 658 097 133 ou 699 706 031 antes do martes 8 de outubro.

A asociación convida a todas as persoas que lles guste camiñar e rodearse de natureza a unirse á súa familia de camiñantes. E lembran que o calendario pode estar suxeito a cambios por imprevistos ou reaxustes climatolóxicos.